Na actualidade a miña actividade, ademáis de realizar algúns encargos, está centrada no secado de ramos de noiva. O proceso é o seguinte:
- Nos días posteriores á voda recóllese o ramo
- Fotografíase, mídese e faise un debuxo esquemático do ramo
- Desfaise o ramo e procédese a secar os diferentes materiais. É un traballo moi minucioso (por exemplo, ás rosas sácanselle todos os pétalos)
- Almacénanse o material seco
- Cando decidamos montar o ramo tínguense os materiais e móntase o ramo.
A presentacion do traballo ten 3 modalidades:
- RAMO SECO. Faise o ramo seco o máis parecido posible ao natural (tamaño, cor, colocación das flores) seguindo as fotos e os esquemas que se fixeron ao recoller o ramo.ño>
- RAMO EN VITRINA. O proceso é idéntico ao anterior, pero unha vez feito introdúcese nunha vitrina de cristal artesanal (VIDRIERAS COMPOSTELA) con base de madeira onde o cliente escolle a cor e o acabado da madeira.
- RAMO EN CADRO. É unha representación do ramo de noiva dentro dun cadro (o ramo ten volume). O cliente escolle a cor do fondo do cadro e tamén a cor e o acabado da madeira do marco.