Benvidos a Estruga

Benvidos a Estruga. Chámome Maria Xosé, son artesá. Fago diferentes traballos utilizando vexetais e materiais naturais (area, serrín, etc.). Tamen fago acabados de madeira usando técnicas de anticuario e decoración da madeira con vexetais.

Levo moitos anos investigando a conservación e utilización dos vexetais nas artes plásticas. Cumpro as exixencias tanto artísticas como legais que me permiten comercializar os meus produtos baixo a marca “Artesanía de Galicia”.

Un dos principais problemas que presentan as creacións feitas con plantas desecadas é a limitada durabilidade das cores naturais (especialmente os vermellos e azuis) de maneira que en escaso tempo perden intensidade e se acaban difuminando. E moi importante salientar aqui que o proceso que poño en práctica de decoloración das plantas e subseguinte pintado con diferentes tintes que reproducen os naturais permite que as cores perduren de xeito similar a outras creacións plásticas e así obras propias que teñen mais de 10 anos manteñen toda a súa intensidade cromática.

Lámpada 1
Caixa 2
Marco 20
Agasallo 15
Caixa 4
01

Recollida e Preparación

Todos os traballos que eu fago teñen unha primeira fase común que consiste na recollida, secado, desinfección, decoloración e tinxido dos vexetais. A correcta realización destes pasos é fundamental para garantir a durabilidade no tempo da textura e cor dos vexetais . Nese senso hai que ter moi en conta que non todas as plantas admiten o mesmo sistema de secado, decoloración e tinxido.

prev
next
Estruga
prev
next
02

Elaboración

A seguinte fase do traballo é distinto segundo o tipo de de peza a realizar. No caso dos cadros ésta inclue a elaboración das composicións e do marco e o proceso de selado e enmarcado. No que atinxe as caixas e outras pezas de madeira inclue o acabado da madeira e a decoración coas plantas previamente tratadas que remata cun proceso de vernizado. Para as lámpadas o proceso é similar excluido, loxicamente, o acabado.